Tradición e música grazas a o Eixo Atlántico

Achegámonos á tradición oral e á música tradicional con Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, grazas ao Concello e á nosa participación no programa o Eixo Atlántico.

"O Eixo Atlántico promove os Intercambios Escolares entre os municipios de Galicia e do Norte de Portugal, co obxectivo dar a coñecer entre os estudantes e docentes o seu municipio, os municipios integrantes do Eixo Atlántico e o propio Eixo Atlántico, así como o seu patrimonio (cultural, natural, inmaterial). Dirixido a alumnos de 5º e 6º de primaria busca transmitir ós estudantes o valor de conformarmos un espazo único eurorrexional, así como a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador". (https://www.eixoatlantico.com/gl/quen-somos/areas-politicas/innovacion-social/educacion/intercambios-escolares)

Sen dúbida, unha proposta máis que nos axuda na nosa iniciativa Fai un trato co galego!

 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Guía dixital de xogos

Fai un trato co galego! Xogamos coas cores