A Barbería Ultreia, situada na Algalia de Arriba, tamén fala galego. O seu propietario Antonio dedicounos uns minutos e quixo participar na nosa campaña a prol do galego.
Queremos presentarvos o noso Catálogo de Xogos. É unha guía dixital de enredos, un traballo no que participaron todos os ciclos do noso centro e que amosan que nesta escola se xoga en galego. Esta proposta realizouse grazas á colaboración do Equipo de Plan Dixital e recorreuse, maioritariamente, ao Libro da Memoria , elaborado polas aulas Maruxa e Coralia hai dous cursos. Animádevos a botar man deles, estes xogos forman parte da cultura que nos é propia! Premede na imaxe para acceder.
O grupo "De vacas" fai un trato galego! De Vacas é un cuarteto musical formado polas vocalistas Inés Salvado ( a Marela ), Faia Díaz ( a Pinta ) e Paula Romero ( a Morena ) e o guitarrista Guillerme Fernández ( a Rubia ). O grupo fai versións en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato retranqueiro e divertido.
Comentarios
Publicar un comentario