Publicacións

I Xornadas do Patrimonio Cultural Inmaterial

Imaxe
As primeiras Xornadas do Patrimonio Cultural Inmaterial do López Ferreiro clausuráronse cun grande éxito de participación e unha excelente acollida por parte do alumnado.  A iniciativa logrou poñer en valor as tradicións, a música e os saberes orais, conectando o estudantado coas raíces locais e o legado vivo. Queremos  agradecer de corazón a toda a comunidade educativa e aos colaboradores polo seu gran traballo e implicación nestes días. Grazas a este esforzo colectivo, logramos asegurar que o noso legado cultural siga moi vivo entre as novas xeracións.

I Xornadas de Patrimonio Cultural e Inmaterial no López Ferreiro

Imaxe
A semana do 13 de outubro celebraremos no López Ferreiro as primeiras Xornadas do Patrimonio Cultural Inmaterial. Esta cita é moi especial para o noso centro, xa que o día 17 de outubro foi declarado pola UNESCO  o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial. Ao longo deses días, o alumnado participará en actividades para descubrir e poñer en valor a riqueza das nosas tradicións, a música e os saberes orais. Unha oportunidade única para conectar coas nosas raíces e aprender a protexer este "patrimonio vivo".

Novo dicionario castelán-galego en liña

Imaxe
A Real Academia Galega lanza Dragbil, un dicionario bilingüe que conta con 26.000 entradas e busca facilitar a aprendizaxe do idioma.   A nova ferramenta dixital Dragbil, que se presenta con vocación pedagóxica, consta dunhas 26.000 entradas, 55.200 acepcións, máis de 87.000 sinónimos de tradución e unhas 6.000 frases feitas. Está previsto que se vaia actualizando progresivamente e que no futuro estea dispoñible tamén a versión galego-castelán. Os responsables do novo dicionario subliñan a especial importancia que ten a nova ferramenta para o ámbito do ensino, con especial atención á esfera contrastiva e distintiva. P ode consultarse na web da institución e a través da aplicación do dicionario para Android e iOS.

Maios e Letras Galegas

Imaxe
O CEIP López Ferreiro celebrou o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño.   Ademais tamén festexamos a Festa dos Maios, con esta obra de arte feita polas docentes Rosa Raviña e Ana Robles, coa colaboración do alumnado da patrulla verde,  a partir do material aportado polas familias.

Gala 30 edición Teatro Intercentros

Imaxe
O día 6 de maio tivo lugar a gala pola 30º edición do Certame de teatro Intercentros da comarca de Santiago. O noso centro foi un dos participantes neste certame, onde recibimos o recoñecemento pola obra deste curso e a mención especial ao mellor actor revelación, Xián Raposo.  Por outros 30 anos máis de teatro nos centros educativos!

"A Odisea Inmobiliaria". Teatro Intercentros 2026

Imaxe
O alumnado de 5º e 6º representou o 5 de maio a peza "A Odisea Inmobiliaria" sobre a crise do aluguer.