Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2024

Benvida ao blog de Fai un trato co galego!

Benvidas e benvidos ao novo blog do CEIP López Ferreiro! Este curso 2023/2024, solicitamos participar no Plan Proxecta + , a través dun proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística . A nosa iniciativa, denominada Fai un trato co galego! foi seleccionada e está a ser coordinada desde o EDLG. O CEIP López Ferreiro dá continuidade a un traballo que o EDLG do noso centro vén desenvolvendo dende o curso 2020-2021. Inicialmente, trabállase con persoas de diferentes ámbitos da cultura e, despois, cun texto orixinal que leva o mesmo título e que se representaría n a XXVII edición do Festival de Teatro Intercentros. Quérese atender ademais , as demandas que fixeron as familias, que sinalaron a súa preocupación po lo uso do idioma entre o alumnado e a necesidade de darlle un novo impulso e posta en valor entre os nenos e as nenas. Temos presentes os ODS da Axenda 2030 (especialmente o ODS 4) e esta iniciativa parécenos moi acaída para promover o achegamento, a aprendiz