Fai un trato co galego! Xogamos coas cores

No EDLG do CEIP López Ferreiro, preocupámonos moito de que o alumnado xogue en galego. Na etapa de Educación Infantil xa hai anos que botamos man daqueles que recollemos a través das familias, pero tamén aproveitamos calquera oportunidade para xogar e desenvolver diferentes propostas en galego.

O alumnado de Infantil do noso centro, atendendo ao Proxecto Documental Integrado da nosa biblioteca, desenvolveu un xogo con auga de cores. 

Con esta actividade, ademais de traballar a psicomotricidade fina, a coordinación óculo-manual ou a concentración, achegámonos á teoría da cor e, nomeadamente, á denominación das cores en galego.

A cor é unha parte moi importante na linguaxe do alumnado desta idade. Traballaron coas cores primarias e secundarias e fixeron mesturas.

Unha proposta que tivo grande éxito e que se enmarcou nas actividades que se realizaron para o  Programa de 21 días co galego e + e nos xogos que se están a preparar para o Proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística

Premede na imaxe para observar o ben que o pasaron. 





 

 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Benvida ao blog de Fai un trato co galego!