Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2024

Guía dixital de xogos

Imaxe
Queremos presentarvos o noso Catálogo de Xogos. É unha guía dixital de enredos, un traballo no que participaron todos os ciclos do noso centro e que amosan que nesta escola se xoga en galego. Esta proposta realizouse grazas á colaboración do Equipo de Plan Dixital e recorreuse, maioritariamente, ao Libro da Memoria , elaborado polas aulas Maruxa e Coralia hai dous cursos.  Animádevos a botar man deles, estes xogos forman parte da cultura que nos é propia! Premede na imaxe para acceder.

O SNL da USC fai un trato co galego!

Imaxe
  O alumnado de 5º e 6º de Primaria do noso centro foi recibido polas persoas responsables do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Máis de 50 nenos e nenas do CEIP López Ferreiro, desprazáronse ata o SNL, no Campus Sur. Quixeron presentarlles a última fase da campaña fai un trato co galego! Aquí atendemos en galego. Tamén lles achegaron o adhesivo co que premiamos a quen se compromete co noso idioma. Manuel N. Singala, Xusto Rodríguez e Manuel Bermúdez interesáronse polo traballo que levamos a cabo no centro, pola opinión que a nosa campaña lles merecía e a súa utilidade. Animaron a esta rapazada a seguir desenvolvéndose en galego.  Agasalláronnos cunhas bolsas dunha iniciativa deste Servizo: Témoslle LEI.