Publicacións

Aquí atendemos en galego

Imaxe
  A iniciativa Aquí atendemos en galego continúa achegándose a establecementos que queren unirse á nosa proposta e que reciben a súa clientela en galego. Neste blog seguimos dando conta dos novos establecementos premiados co adhesivo, nesta ocasión o centro de estética avanzada Carla Támez e Anil perruqueiros . Podedes seguir a nosa aposta e a adhesión de empresas e institucións na conta de Instagram: https://www.instagram.com/edlglopezferreiro/  

Guía dixital de xogos

Imaxe
Queremos presentarvos o noso Catálogo de Xogos. É unha guía dixital de enredos, un traballo no que participaron todos os ciclos do noso centro e que amosan que nesta escola se xoga en galego. Esta proposta realizouse grazas á colaboración do Equipo de Plan Dixital e recorreuse, maioritariamente, ao Libro da Memoria , elaborado polas aulas Maruxa e Coralia hai dous cursos.  Animádevos a botar man deles, estes xogos forman parte da cultura que nos é propia! Premede na imaxe para acceder.

O SNL da USC fai un trato co galego!

Imaxe
  O alumnado de 5º e 6º de Primaria do noso centro foi recibido polas persoas responsables do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Máis de 50 nenos e nenas do CEIP López Ferreiro, desprazáronse ata o SNL, no Campus Sur. Quixeron presentarlles a última fase da campaña fai un trato co galego! Aquí atendemos en galego. Tamén lles achegaron o adhesivo co que premiamos a quen se compromete co noso idioma. Manuel N. Singala, Xusto Rodríguez e Manuel Bermúdez interesáronse polo traballo que levamos a cabo no centro, pola opinión que a nosa campaña lles merecía e a súa utilidade. Animaron a esta rapazada a seguir desenvolvéndose en galego.  Agasalláronnos cunhas bolsas dunha iniciativa deste Servizo: Témoslle LEI.

Fai un trato co galego! Atende en galego-Encontro no Concello

Imaxe
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, que xa vén de participar na nosa campaña, tamén recibiu ao alumnado para visibilizar e pór en valor a nosa iniciativa e, concretamente, esta última fase que anima ao servizos da cidade a atender en galego. O Concello de Compostela tamén dou conta da nosa visita, preme no vínculo

Xogamos á pita cega

O xogo da pita cega está a ter moito éxito no noso centro. Este xogo, que formará parte da nosa guía dixital, está recomendado para calquera idade e, aínda que o mellor é xogar ao aire libre, se o tempo non o permite tamén se pode xogar en espazos interiores e non precisa máis que un pano para tapar os ollos. As xogadoras e os xogadores, sitúanse en corro. Unha das persoas que xogan ocupa o centro, tápanselle os ollos e fáiselle dar a volta sobre si mesma, co fin de que se desoriente e recítase a leria. Despois tratará de identificar e/ou pillar a alguén do corro. Se o consegue invértense os papeis.  

Fai un trato co galego! Na nosa contorna facemos un trato co galego!

Imaxe
As aulas Coralia e Maruxa do CEIP López Ferreiro e a Aula de Maiores da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal tamén fan un trato co galego! Levamos dous cursos desenvolvendo propostas conxuntas e realizando actividades en galego: recitado de poemas, intercambio de textos de tradición oral, celebracións ou "recitais" de achegamento ás cantigas e á  música popular, como neste último encontro. O EDLG do centro pretende así pór en valor o noso idioma, procurando iniciativas de aprendizaxe servizo e potenciando a colaboración con diferentes asociacións e institución da contorna, co obxectivo de aprender e servir.    

Fai un trato co galego! Xoga en galego! - Mulleres galegas imprescindibles

Imaxe
Nestes últimos anos o EDLG tamén vén traballando coa finalidade de promover que o alumnado medre en igualdade, prevendo estereotipos, invisibilizacións e violencias. Por este motivo, a través de diferentes programas como Donas de Si, no que participamos o curso pasado ou 21 días co galego e + 2024, levamos a cabo iniciativas para achegarnos a mulleres imprescindibles. Nun primeiro momento, centrámonos naquelas que tiñan vinculación coa nosa cidade e posteriormente ampliamos a nosa achega a mulleres galegas imprescindibles . Con ese motivo elaboramos infografías e dous xogos, un de memoria e unha baralla. Estes materiais están en todas as aulas xa desde este curso e foron un piar importante para a nosa proposta dos 21 días co galego e máis e para o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística que estamos a desenvolver. Están a ser moi utilizados por alumnado e docentes. Preme nos vínculos da baralla de cartas e do xogo de memoria e imprímeos para poder utilizar estes...