Fai un trato co galego! Xoga en galego! - Mulleres galegas imprescindibles

Nestes últimos anos o EDLG tamén vén traballando coa finalidade de promover que o alumnado medre en igualdade, prevendo estereotipos, invisibilizacións e violencias. Por este motivo, a través de diferentes programas como Donas de Si, no que participamos o curso pasado ou 21 días co galego e + 2024, levamos a cabo iniciativas para achegarnos a mulleres imprescindibles. Nun primeiro momento, centrámonos naquelas que tiñan vinculación coa nosa cidade e posteriormente ampliamos a nosa achega a mulleres galegas imprescindibles.

Con ese motivo elaboramos infografías e dous xogos, un de memoria e unha baralla. Estes materiais están en todas as aulas xa desde este curso e foron un piar importante para a nosa proposta dos 21 días co galego e máis e para o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística que estamos a desenvolver. Están a ser moi utilizados por alumnado e docentes.

Preme nos vínculos da baralla de cartas e do xogo de memoria e imprímeos para poder utilizar estes xogos.





 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Guía dixital de xogos

As "De vacas" fan un trato co galego!

Fai un trato co galego! Xogamos coas cores