Xogamos á pita cega

O xogo da pita cega está a ter moito éxito no noso centro.

Este xogo, que formará parte da nosa guía dixital, está recomendado para calquera idade e, aínda que o mellor é xogar ao aire libre, se o tempo non o permite tamén se pode xogar en espazos interiores e non precisa máis que un pano para tapar os ollos.

As xogadoras e os xogadores, sitúanse en corro. Unha das persoas que xogan ocupa o centro, tápanselle os ollos e fáiselle dar a volta sobre si mesma, co fin de que se desoriente e recítase a leria. Despois tratará de identificar e/ou pillar a alguén do corro. Se o consegue invértense os papeis.

 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Guía dixital de xogos

Benvida ao blog de Fai un trato co galego!