Publicacións

Novo dicionario castelán-galego en liña

Imaxe
A Real Academia Galega lanza Dragbil, un dicionario bilingüe que conta con 26.000 entradas e busca facilitar a aprendizaxe do idioma.   A nova ferramenta dixital Dragbil, que se presenta con vocación pedagóxica, consta dunhas 26.000 entradas, 55.200 acepcións, máis de 87.000 sinónimos de tradución e unhas 6.000 frases feitas. Está previsto que se vaia actualizando progresivamente e que no futuro estea dispoñible tamén a versión galego-castelán. Os responsables do novo dicionario subliñan a especial importancia que ten a nova ferramenta para o ámbito do ensino, con especial atención á esfera contrastiva e distintiva. P ode consultarse na web da institución e a través da aplicación do dicionario para Android e iOS.

Maios e Letras Galegas

Imaxe
O CEIP López Ferreiro celebrou o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño.   Ademais tamén festexamos a Festa dos Maios, con esta obra de arte feita polas docentes Rosa Raviña e Ana Robles, coa colaboración do alumnado da patrulla verde,  a partir do material aportado polas familias.

Gala 30 edición Teatro Intercentros

Imaxe
O día 6 de maio tivo lugar a gala pola 30º edición do Certame de teatro Intercentros da comarca de Santiago. O noso centro foi un dos participantes neste certame, onde recibimos o recoñecemento pola obra deste curso e a mención especial ao mellor actor revelación, Xián Raposo.  Por outros 30 anos máis de teatro nos centros educativos!

"A Odisea Inmobiliaria". Teatro Intercentros 2026

Imaxe
O alumnado de 5º e 6º representou o 5 de maio a peza "A Odisea Inmobiliaria" sobre a crise do aluguer.

Radio na biblio. Especial Ponte nas Ondas

Imaxe
O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu á Xornada radiovisual de Ponte nas Ondas na Facultade de Ciencias da Comunicación. Defendemos a iniciativa "Fai un trato co galego" para poñer en valor a lingua galega entre a nosa comunidade educativa empregando a radio como ferramenta pedagóxica. Ata fixemos unha entrevista para a TVE! Podedes ver a entrevista neste  enlace   E o programa nesta  ligazón de youtube. Longa vida a Ponte nas Ondas!

Pili Pampín fai un trato co galego!

Unha das grandes voces da nosa música defende a importancia de falar galego, tanto no noso día a día como no escenario.

Ortiga e Xavi Cea fan un trato co galego!

Ortiga e Xavi Cea fan un trato co galego! Os antigos alumnos do CEIP López Ferreiro deleitáronnos cun concerto polo 50 aniversario do centro para comezar as vacacións de Semana Santa   🎸🎶🕺 💙

Na librería Pedreira atenden en galego!

Imaxe
O persoal traballador da librería Pedreira atende en galego!  Situada na rúa do Home Santo este establecemento dispón dunha ampla variedade de libros en lingua galega. 

Curves atende en galego!

Imaxe
No ximnasio Curves podes poñerte en forma en galego! Situado na rúa de Tomiño, ao lado da antiga estación de buses, este ximnasio conta co mellor persoal e o mellor equipo para facer exercicio.  

Ángel Carracedo fai un trato co galego!

Ángel Carracedo é investigador líder do grupo C-005 Xenética, Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC) desde 1989, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica desde 1997 e Director do Centro Nacional de Xenotipado - ISCIII desde 2002. https://www.facebook.com/share/p/18hT7zYEeA/

Caldo de gloria

Imaxe
  O alumnado e o profesorado do centro gozou do caldo de gloria ao que cantaba Rosalía. Bo proveito!

Paula Cons fai un trato co galego!

Paula Cons, xornalista, guionista, documentalista, directora de cine e productora galega tamén fai un trato co galego.  Actualmente Paula Cons atópase na promoción da súa última película " Mi ilustrísimo amigo", un filme que se desenvolve arredor da relación epistolar que mantiñan no S.XIX Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós.

Os Xenerais do Ulla no López Ferreiro

Imaxe
Esta semana tivemos a visita dos Xenerais do Ulla procedentes de Bandeira, no Concello de Silleda. Mario e Alberto ensináronnos as partes do traxe dun xeneral e dun correo, probamos os sombreiros e deleitáronnos cuns vivas e uns atranques. Iso si, que damos sen velos montados en cabalos.                                    

Encontros lectores

Imaxe
  A biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, realizou o primeiro Encontro lector do 2026. Para o alumnado de Educación Infantil , 1º, 2º e 3º de Primaria, escolleuse o  Libro da Memoria . Unha obra publicada desde o centro hai tres cursos, para que o alumnado descubra e se incorpore á cultura que lle pertence. Para 4º, 5º e 6º de primaria, A lavandeira de San Simón , u ha obra de Eva Mejuto, ilustrada por Bea Gregores, que trata o tema da memoria esquecida das mulleres solidarias de Redondela, que axudaron aos prisioneiros de San Simón,. Para as familias, a obra que propuxemos foi A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira. A obra de Montse Fajardo  achéganos a unha muller polifacética, que foi coñecida, sobre todo, por ser a muller de Castelao.

Obradoiro de instrumentos tradicionais

Imaxe
  Un curso máis Manuele Pardo, creador de Tradidácticos, acudiu ao noso centro para achegarnos á variedade de instrumentos tradicionais que ten a nosa música. 

Magosto 2025

Imaxe
O noso alumnado achegouse de novo, aos xogos populares e tradicionais, grazas ás persoas que conforman a AGXPT (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional). Pese a non dispoñer do mellor espazo, todas e todos gozaron dunha xornada festiva na que celebramos tamén o Magosto e o Samaín.                                                 

Cantiga de Magosto

O alumnado de infantil e o de 2º de primaria cantou, recitou e xogou cunha cantiga de tradición oral propia deste tempo.  Que a gocedes!  

As "De vacas" fan un trato co galego!

O grupo "De vacas" fai un trato galego!  De Vacas  é un cuarteto musical formado polas  vocalistas  Inés Salvado ( a Marela ),  Faia Díaz  ( a Pinta ) e Paula Romero ( a Morena ) e o  guitarrista   Guillerme Fernández  ( a Rubia ).  O grupo fai versións en  galego  de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato retranqueiro e divertido.  

Revista Pegada 21

Imaxe
Este ano, ao igual que o pasado, realizamos a revista en formato dixital e nela achegamos as “pegadas” máis relevantes deste curso. Boas vacacións! Preme no seguinte enlace: Revista Pegada 21

Castelao 3.0 Galiza no cora

Imaxe
Co gallo do 75 aniversario do pasamento de Castelao, un guionista fixo a obra culme dun dos personaxes máis importantes da nosa historia. A multinacional Netflix está interesada en filmala e decide darlle un toque máis... actual. Que podería saír mal? Ou ben? Representación teatral do alumnado de 5º e 6º do CEIP López Ferreiro polo Festival Intercentros 2025 no Teatro Principal de Santiago.