Os Xenerais do Ulla no López Ferreiro
Esta semana tivemos a visita dos Xenerais do Ulla procedentes de Bandeira, no Concello de Silleda. Mario e Alberto ensináronnos as partes do traxe dun xeneral e dun correo, probamos os sombreiros e deleitáronnos cuns vivas e uns atranques. Iso si, quedamos sen velos montados en cabalos.



Comentarios
Publicar un comentario