Novo dicionario castelán-galego en liña

A Real Academia Galega lanza Dragbil, un dicionario bilingüe que conta con 26.000 entradas e busca facilitar a aprendizaxe do idioma.  



A nova ferramenta dixital Dragbil, que se presenta con vocación pedagóxica, consta dunhas 26.000 entradas, 55.200 acepcións, máis de 87.000 sinónimos de tradución e unhas 6.000 frases feitas. Está previsto que se vaia actualizando progresivamente e que no futuro estea dispoñible tamén a versión galego-castelán.

Os responsables do novo dicionario subliñan a especial importancia que ten a nova ferramenta para o ámbito do ensino, con especial atención á esfera contrastiva e distintiva.

Pode consultarse na web da institución e a través da aplicación do dicionario para Android e iOS.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Guía dixital de xogos

As "De vacas" fan un trato co galego!

Fai un trato co galego! Xogamos coas cores