I Xornadas de Patrimonio Cultural e Inmaterial no López Ferreiro

A semana do 13 de outubro celebraremos no López Ferreiro as primeiras Xornadas do Patrimonio Cultural Inmaterial. Esta cita é moi especial para o noso centro, xa que o día 17 de outubro foi declarado pola UNESCO  o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial.

Ao longo deses días, o alumnado participará en actividades para descubrir e poñer en valor a riqueza das nosas tradicións, a música e os saberes orais. Unha oportunidade única para conectar coas nosas raíces e aprender a protexer este "patrimonio vivo".



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Guía dixital de xogos

Encontros lectores

Fai un trato co galego! Xogamos coas cores