Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

Tradición e música grazas a o Eixo Atlántico

Achegámonos á tradición oral e á música tradicional con Pablo Carpintero e Rosa Sánchez , grazas ao Concello e á nosa participación no programa o Eixo Atlántico. " O Eixo Atlántico promove os Intercambios Escolares entre os municipios de Galicia e do Norte de Portugal, co obxectivo dar a coñecer entre os estudantes e docentes o seu municipio, os municipios integrantes do Eixo Atlántico e o propio Eixo Atlántico, así como o seu patrimonio (cultural, natural, inmaterial). Dirixido a alumnos de 5º e 6º de primaria busca transmitir ós estudantes o valor de conformarmos un espazo único eurorrexional, así como a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador". (https://www.eixoatlantico.com/gl/quen-somos/areas-politicas/innovacion-social/educacion/intercambios-escolares) Sen dúbida, unha proposta máis que nos axuda na nosa iniciativa Fai un trato co galego!  

A PDI do centro no Falamos +

  Para a participación no Falamos +, desenvolvemos tamén un traballo de colaboración entre o EDLG e o Equipo de Biblioteca. Este último equipo está a levar a cabo actividades arredor da alimentación,  por ser o tema que se traballa este curso no noso PDI. O alumnado do López Ferreiro sabe de froitas e froitos e é quen de propoñer comidas saudables en galego. Porque aquí...Falamos + e facemos un trato co galego!

Xiana Sar fai un trato co galego!

Imaxe
 Xiana Sar tamén fai un trato co galego!  A mestra de pandeireta e estudante de Filoloxía ofreceunos un concerto coas alumnas do noso centro. Que ledicia!

Falamos + e o trato co galego de Cé Orquestra Pantasma.

Imaxe
Co gallo da inauguración do programa Falamos +,  recibimos a visita da persoa coordinadora do programa, Pilar Ponte, das persoas que o promoven desde a Secretaría Xeral da Lingua e de representantes políticos: Valentín García, Secretario Xeral, e José López,  Conselleiro de  Cultura, Lingua e Xuventude.  Ao remate da presentación desta iniciativa, gozamos co concerto de  Cé Orquestra Pantasma .  O multinstrumentista César tamén fai un trato co galego!   Foi unha festa rachada!

8M no CEIP López Ferreiro

O noso alumnado de Educación Infantil reivindica a igualdade entre homes e mulleres a través do baile. Con música de artistas como Caamaño&Ameixeiras, Guadi Galego ou as Tanxugueiras, bailamos pola igualdade.  Tamén o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria participou tamén desta iniciativa.  Xunto co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria,  que non quixo quedar atrás.