No EDLG do CEIP López Ferreiro, preocupámonos moito de que o alumnado xogue en galego. Na etapa de Educación Infantil xa hai anos que botamos man daqueles que recollemos a través das familias, pero tamén aproveitamos calquera oportunidade para xogar e desenvolver diferentes propostas en galego. O alumnado de Infantil do noso centro, atendendo ao Proxecto Documental Integrado da nosa biblioteca, desenvolveu un xogo con auga de cores. Con esta actividade, ademais de traballar a psicomotricidade fina, a coordinación óculo-manual ou a concentración, achegámonos á teoría da cor e, nomeadamente, á denominación das cores en galego. A cor é unha parte moi importante na linguaxe do alumnado desta idade. Traballaron coas cores primarias e secundarias e fixeron mesturas. Unha proposta que tivo grande éxito e que se enmarcou nas actividades que se realizaron para o Programa de 21 días co galego e + e nos xogos que se están a preparar para o Proxecto de innovación educativa e...
Comentarios
Publicar un comentario