Fai un trato co galego! No CEIP López Ferreiro aténdese en galego!

Esta semana presentamos a campaña Atende en galego! O noso centro é, por suposto, o primeiro en lucir o adhesivo que nos distingue como promotores e promotoras desta iniciativa.

A directora do centro, Mari Carmen Montero, foi a encargada de colocar o adhesivo na entrada ao centro pola rúa Xasmíns.



 

E o alumnado de 5º e 6º de Primaria, foi o responsable de colocalo no acceso á escola pola rúa de Xoán XXIII.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Guía dixital de xogos

As "De vacas" fan un trato co galego!

Fai un trato co galego! Xogamos coas cores