Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

Tradidácticos

 Este proxecto ten a finalidade de achegar a tradición ao alumnado do noso país, a través do baile, o canto, os contos e a práctica dos instrumentos máis característicos da nosa música. Creado por Manuele Pardo, graduado en Maxisterio dende 2017, quen traballa como mestre de música en colexios ao ancho da xeografía galega dende o 2018 ata o 2023. Na actualidade forma parte de grupos como AILÁ, A Banda das Crechas ou Os Estalotes, todos eles vencellados á música tradicional. Tamén imparte aulas de pandeireta, gaita, percusión e baile a crianzas e adultos en diferentes asociacións culturais.

Encontros lectores

Imaxe
O 12 e marzo, o Equipo de Biblioteca, en colaboración co EDLG, desenvolveu un novo encontro lector, as lecturas que comentamos foron as seguintes: 1. Lectoras e lectores principiantes CANTA XENTE SE NECESITA..., de Anna Font  2. Lectoras e lectores autónomos e autónomas ESPANTALLO AMIGO, de Xosé Neira Vilas 3. Familias lectoras VIRTUDES (e misterios), de Xesús Fraga

"A investigación cambia o mundo". A ciencia feita en Galicia

Imaxe
  O alumnado de 6º de Educación Primaria do noso centro tivo a sorte de recibir a visita de María de la Fuente Freire, recoñecida investigadora galega, que compartiu con nós unha charla apaixonante sobre a ciencia feita en Galicia. Cun título tan evocador como “A  investigación cambia o mundo ”,  María falounos da súa experiencia como científica, explicando que a investigación é unha ferramenta fundamental para mellorar a nosa sociedade, e que tamén é unha viaxe chea de preguntas, descubrimentos e aprendizaxe constante. Animou ao alumnado a manter a curiosidade, a facerse preguntas e a non ter medo a explorar novos camiños. Un dos puntos máis destacados da charla foi a reflexión sobre a igualdade na ciencia. María recalcou que se pode facer ciencia en galego e en feminino e que, aínda que se conseguiron algúns avances, queda moito camiño que percorrer para que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades no mundo da investigación, independentemente do seu xénero. Por is...

Novos artigos da Galipedia

Imaxe
Temos novos artigos na Galipedia que atinxe ao noso centro. Podedes premer nos seguintes enlaces para coñecer máis do Parque Xixón e sobre o Libro da memoria. Parque Xixón Libro da memoria

DIXIMED

O alumnado dos distintos niveis do López Ferreiro, preséntanos o Diximed e a súa utilidade para achegarnos ao coñecemento do corpo humano. O guión destes vídeos e a gravación foi realizada polo Equipo Falamos +, alumnas e alumnos de 6º de primaria. A montaxe realizouna o EDLG do CEIP López Ferreiro. E antes do recreo, xogamos co DIXIMED!