Presentación da versión galega do primeiro dicionario de medicina ilustrado

O venres tivo lugar na Aula Castelao da Facultade de Medicina a presentación da versión galega de DIXIMED : Primeiro dicionario de medicina ilustrado. Trátase dun dicionario en liña dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, que pretende explicarlles, nunha linguaxe adaptada a eles, o significado das palabras que se empregan con máis frecuencia para falar da súa saúde e das enfermidades que adoitan padecer. Esta versión galega foi elaborada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC , coa colaboración do alumnado dos últimos cursos do CEIP López Ferreiro , que lle puxo voz ás definicións que contén a obra. Na presentación desta iniciativa, que xa recibiu varios galardóns, falaron Rosa Estopà , coordinadora do proxecto e profesora do Departamento de Tradución e Ciencias da Linguaxe da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, Xusto Rodríguez do Servizo de Normalización Lingüística da USC e Pilar Murias, vicerreitora ...