Publicacións

Ángel Carracedo fai un trato co galego!

Ángel Carracedo é investigador líder do grupo C-005 Xenética, Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC) desde 1989, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica desde 1997 e Director do Centro Nacional de Xenotipado - ISCIII desde 2002. https://www.facebook.com/share/p/18hT7zYEeA/

Caldo de gloria

Imaxe
  O alumnado e o profesorado do centro gozou do caldo de gloria ao que cantaba Rosalía. Bo proveito!

Paula Cons fai un trato co galego!

Paula Cons, xornalista, guionista, documentalista, directora de cine e productora galega tamén fai un trato co galego.  Actualmente Paula Cons atópase na promoción da súa última película " Mi ilustrísimo amigo", un filme que se desenvolve arredor da relación epistolar que mantiñan no S.XIX Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós.

Os Xenerais do Ulla no López Ferreiro

Imaxe
Esta semana tivemos a visita dos Xenerais do Ulla procedentes de Bandeira, no Concello de Silleda. Mario e Alberto ensináronnos as partes do traxe dun xeneral e dun correo, probamos os sombreiros e deleitáronnos cuns vivas e uns atranques. Iso si, que damos sen velos montados en cabalos.                                    

Encontros lectores

Imaxe
  A biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, realizou o primeiro Encontro lector do 2026. Para o alumnado de Educación Infantil , 1º, 2º e 3º de Primaria, escolleuse o  Libro da Memoria . Unha obra publicada desde o centro hai tres cursos, para que o alumnado descubra e se incorpore á cultura que lle pertence. Para 4º, 5º e 6º de primaria, A lavandeira de San Simón , u ha obra de Eva Mejuto, ilustrada por Bea Gregores, que trata o tema da memoria esquecida das mulleres solidarias de Redondela, que axudaron aos prisioneiros de San Simón,. Para as familias, a obra que propuxemos foi A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira. A obra de Montse Fajardo  achéganos a unha muller polifacética, que foi coñecida, sobre todo, por ser a muller de Castelao.

Obradoiro de instrumentos tradicionais

Imaxe
  Un curso máis Manuele Pardo, creador de Tradidácticos, acudiu ao noso centro para achegarnos á variedade de instrumentos tradicionais que ten a nosa música. 

Magosto 2025

Imaxe
O noso alumnado achegouse de novo, aos xogos populares e tradicionais, grazas ás persoas que conforman a AGXPT (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional). Pese a non dispoñer do mellor espazo, todas e todos gozaron dunha xornada festiva na que celebramos tamén o Magosto e o Samaín.