Encontros lectores
A biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, realizou o primeiro Encontro lector do 2026. Para o alumnado de Educación Infantil , 1º, 2º e 3º de Primaria, escolleuse o Libro da Memoria . Unha obra publicada desde o centro hai tres cursos, para que o alumnado descubra e se incorpore á cultura que lle pertence. Para 4º, 5º e 6º de primaria, A lavandeira de San Simón , u ha obra de Eva Mejuto, ilustrada por Bea Gregores, que trata o tema da memoria esquecida das mulleres solidarias de Redondela, que axudaron aos prisioneiros de San Simón,. Para as familias, a obra que propuxemos foi A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira. A obra de Montse Fajardo achéganos a unha muller polifacética, que foi coñecida, sobre todo, por ser a muller de Castelao.