Magosto 2025
O noso alumnado achegouse, un ano máis, aos xogos populares e tradicionais, grazas ás persoas que conforman a AGXPT (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional). Pese a non dispoñer do mellor espazo, todas e todos gozaron dunha xornada festiva na que celebramos tamén o Magosto e o Samaín.