Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

Castelao 3.0 Galiza no cora

Imaxe
Co gallo do 75 aniversario do pasamento de Castelao, un guionista fixo a obra culme dun dos personaxes máis importantes da nosa historia. A multinacional Netflix está interesada en filmala e decide darlle un toque máis... actual. Que podería saír mal? Ou ben? Representación teatral do alumnado de 5º e 6º do CEIP López Ferreiro polo Festival Intercentros 2025 no Teatro Principal de Santiago.

«Agora Cantamos Nós!», festa grande galego-portuguesa en prol das Letras Galegas Universais

Imaxe
Máis de cinco horas de festa con inesgotable enerxía, tal e como amosou o alumnado das escolas galegas e portuguesas que engaiolou este venres 23 de maio no Parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela co seu bo facer nos escenarios compartidos. Alí escoitamos por exemplo a «Muiñeira de Arganzón», «Xota de Arganzón», «Regueifa de San Salvador», «Regueifa do Banquete», «Muiñeira Corrida» ou «Tataravoa» entre moitas outras pezas. ‘Ferreiriñas’, ‘Barri-Kreo’, ‘As tres cordas’, ‘Os Clementinos’… son algúns dos grupos infantís e xuvenís que participaron nesta foliada, á que acudiu o noso centro. Tamén tivo relevancia a presenza dos “tesouros vivos”, esas persoas que posúen un coñecemento profundo e significativo dunha cultura ou tradición, e cuxa experiencia é fundamental para preservar e transmitir ese coñecemento ás xeracións futuras. E un bo exemplo foi Teresa dos Cucos, cantareira galega de Malpica de Bergantiños e figura destacada na preservación e transmisión da música e tradición...